sábado, 23 de abril de 2016

O CPI VIRXE DA CELA: POR ISABEL COIRA E SERGIO GARCÍA

Autor do texto: Sergio García Coira
Informante: Isabel Coira Casanova
Parentesco da informante co autor: Nai
Estancia no colexio da informante: Dende o 1978 ao 1992.

Descrición do colexio na época: Nesa época, a escola estruturábase en: catro e cinco anos de parvuliños e oito anos de E.G.B. (“Educación General Básica”), que ía de primeiro(seis anos) a oitavo (catorce anos). Ata quinto de E.G.B. había un profesor para case todo, como agora en E.P., e a partir de sexto había un para cada asignatura, como agora na E.S.O. Había dous grupos de cada curso, a excepción de sexto, onde había tres. Sendo clases de 25-30 alumnos, e chegando a ter un alumnado total superior a 600 persoas. Parvuliños estaba no mesmo emprazamento que agora, e E.G.B. repartíase pola zona actual de primaria e a parte vella da ESO, a sala do profesorado situábase onde está actualmente o despacho da directora. Na aula de inglés de E.P. había un laboratorio. No patio, o espazo onde hai agora mesas de ping-pong, primeiro foi un espazo aberto, como actualmente, e despois foi a biblioteca. A aula de psicomotricidade utilizábase como almacén do material de Ximnasia. O espazo do comedor foi aumentado posteriormente (o aumento foi a parte onde come o alumnado de ESO actualmente), debido a que os alumnos non cabían. 

Anécdotas e recordos: 
- Debido a gran cantidade de alumnado no autobús debían ir tres en cada dous asentos. Polo mesmo motivo, os que vivían preto do colexio ían comer a casa, levados por un autobús que tamén os traía de volta. 
- Os xogos do recreo agora redúcese a fútbol, por contra, antes xogaban as canicas, a chapa, a goma, ao brilé, ao zapatiño inglés... 
- Un profesor chamado D. Ramón tiña víboras na clase, e nas clases se acababan os exercicios íanlles coller comida. 
- Dúas amigas atoparon unha chaqueta en conserxería e fórona ensinando polos aulas de todo o colexio para perder clase... o conserxe viunas e reñeulles porque a chaqueta deixaraa él alí. 

Alumnado de 6ºA nunha excursión no curso 85-86, co profesor Dopico

Isabel Coira Casanova, en 8º de EGB no curso 87-88
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario