jueves, 17 de marzo de 2016

1978-1979: alumnado de 6º EGB




    Fotografía tomada durante o curso 1.978-1.979 en 6º de E.G.B. (6º B) formado por 31 alumnos no, daquela chamado, Colegio Nacional Mixto “Virgen de la Cela” sendo titora do mesmo Dna .María Josefa Abeledo Abeledo (D.E.P.), que o foi tamén en 7º, e sendo director Dn. Manuel Couce García.

    Figuramos na foto de esquerda a dereita comezando por detrás: Alicia Varela Sante, Mª Antonia Pena Caruncho, Mª Belén Pérez Martínez, Marisol Vidal Charlón, Mari Paz Rivas Freire, Mª José Souto Castro, Mari Luz Tizón Muíño, , Josefina Miguez Otero, Mª del Carmen Vila Varela, a mestra Mª Josefa Abeledo Abeledo, Francisco, Mª Pilar Souto Castro, José Otero Rodríguez, , Emilia Martínez Fuentes, Mª Idoya Vázquez Carballeira, Ana Isabel………Couce, Mª José Vázquez Freire, Manuela Souto Fernández, Esperanza Rego Rivas e Mari Luz Seco Sanjuán.

    Na segunda fila, en cuclillas de esquerda a dereita: Santiago Vázquez Golpe, Joselito Pena Antón, Juan Antonio Varela Varela, Antonio Otero Albariño, Antonio Miraz Acción, José Ramón Martínez Caínzos, José Luis Martínez, Javier Pena Martínez, Juan José Veiga Medín, José Antonio Martínez Bouza, José Angel Rodríguez Crespo e Juan Javier Mosquera Blanco. Pido perdón se me engano nalgún apelido e tamén polos que non recordo.

    Comentar que fillos destes exalumnos estudaron neste colexio e outros aínda o están facendo. A ver si coñecen os seus pais cando eran nenos … Con algunhas rapazas deste curso sigo tendo amizade, outr@s sei como lles vai mais ou menos na vida e dalgúns non volvin saber nada. Supoño que é o que soe pasar, pero teño moi bo recordo desa época. Como anécdota dicir que pola miña profesión anos máis tarde coincidín no mesmo centro de compañeira coa titora do curso e non sabía moi ben como dirixirme a ela pois para todos nós, de nenos, era Dna. Maruja. E logo como compañeira soábame raro retirarlle o dona.

   Remato cunha cita, que me parece moi oportuna, de Lewis Hine: “A fotografía é o documento humano que sempre manterá o presente e o futuro en contacto co pasado”. Marisol Vidal Charlon, profesora de EP no CPI Virxe da Cela

No hay comentarios:

Publicar un comentario