Este é o tríptico que fixeramos no curso 2000-2001 para unha exposición que
estivera ubicada nunha aula que últimamente se viña utilizando para reunións de
primaria, fronte ao lugar no que se sitúa Álvaro e nese pasillo de Primaria
planta baixa. No anverso figura o nome das persoas que aportaron daquela algún préstamo
para esa exposición. Participara tamén con préstamos o Concello de Irixoa e colaborara moi
activamente o Museo Pedagóxico de Galicia. Algunhas das pezas expostas foron como doazóns para
ese Museo e así deben estar rexistradas. Abel López Soto.
viernes, 13 de mayo de 2016
viernes, 29 de abril de 2016
lunes, 25 de abril de 2016
sábado, 23 de abril de 2016
O CPI VIRXE DA CELA: POR ISABEL COIRA E SERGIO GARCÍA
Autor do texto: Sergio García Coira
Informante: Isabel Coira Casanova
Parentesco da informante co autor: Nai
Estancia no colexio da informante: Dende o 1978 ao 1992.
Informante: Isabel Coira Casanova
Parentesco da informante co autor: Nai
Estancia no colexio da informante: Dende o 1978 ao 1992.
Descrición do colexio na época:
Nesa época, a escola estruturábase en: catro e cinco anos de parvuliños e oito anos de E.G.B. (“Educación General Básica”), que ía de primeiro(seis anos) a oitavo (catorce anos). Ata quinto de E.G.B. había un profesor para case todo, como agora en E.P., e a partir de sexto había un para cada asignatura, como agora na E.S.O.
Había dous grupos de cada curso, a excepción de sexto, onde había tres. Sendo clases de 25-30 alumnos, e chegando a ter un alumnado total superior a 600 persoas.
Parvuliños estaba no mesmo emprazamento que agora, e E.G.B. repartíase pola zona actual de primaria e a parte vella da ESO, a sala do profesorado situábase onde está actualmente o despacho da directora.
Na aula de inglés de E.P. había un laboratorio. No patio, o espazo onde hai agora mesas de ping-pong, primeiro foi un espazo aberto, como actualmente, e despois foi a biblioteca. A aula de psicomotricidade utilizábase como almacén do material de Ximnasia.
O espazo do comedor foi aumentado posteriormente (o aumento foi a parte onde come o alumnado de ESO actualmente), debido a que os alumnos non cabían.
Anécdotas e recordos:
- Debido a gran cantidade de alumnado no autobús debían ir tres en cada dous asentos. Polo mesmo motivo, os que vivían preto do colexio ían comer a casa, levados por un autobús que tamén os traía de volta.
- Os xogos do recreo agora redúcese a fútbol, por contra, antes xogaban as canicas, a chapa, a goma, ao brilé, ao zapatiño inglés...
- Un profesor chamado D. Ramón tiña víboras na clase, e nas clases se acababan os exercicios íanlles coller comida.
- Dúas amigas atoparon unha chaqueta en conserxería e fórona ensinando polos aulas de todo o colexio para perder clase... o conserxe viunas e reñeulles porque a chaqueta deixaraa él alí.
Alumnado de 6ºA nunha excursión no curso 85-86, co profesor Dopico
Isabel Coira Casanova, en 8º de EGB no curso 87-88
martes, 12 de abril de 2016
martes, 5 de abril de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








